?>

Lucía Martínez Bravo

Directora de tiempo libre

En búsqueda activa de empleo

Recordas esa sensación de cando eras pequena e descubrías algo que te marabillaba?

Esa sensación foi a que me levou a min a estudar Filosofía: a búsqueda do asombro, da conexión, da comprensión. E esta foi tamén a miña finalidade nos meus máis de 20 anos como educadora no tempo libre: procurar mediante o xogo e a creatividade o reencontro co extraordinario que se agocha no ordinario.

Medrei como monitora no asociacionismo compostelán e foi tan importante o vínculo que se creou que enraicei aí a miña vida montando unha empresa de animación sociocultural con varias compañeiras e compañeiros. Máis de 20 anos nos que grazas a traballar con e para todo tipo de persoas desenvolvín a miña capacidade de empatía, de esforzo e sobre todo, de facer moito con moi pouco xa que un dos meus puntos fortes é o de optimizar calquera situación e/ou recursos transformándoos nunha proposta valiosa e con sentido.

Pero o extraordinario está en todas partes. Por iso, agora nesta nova etapa, ando á procura de novas experiencias que me permitan continuar medrando, aprendendo e, por suposto, asombrándome. Porque como dicía T.S. Eliot: 

Non deixaremos de explorar

E o fin da nosa exploración

Será chegar a onde comezamos

E coñecer o lugar por primeira vez”.

¡Síguenos!